Agora 38 (1) (
2019)
Copy
BIBTEX
Abstract
O artigo ten como obxectivo facer un percorrido por tres momentos da escritura filosófica no que o fenómeno do límite ou fronteira do pensamento se pon claramente de manifesto no discurso. En primeiro lugar, Kant, como artífice da produtiva noción dunha “fronteira [Grenze]” da razón como condición e límite do pensamento; en segundo lugar, Hegel, como o seu máximo crítico na “asunción [Aufhebung]” da negación da fronteira kantiana; e, finalmente, Kierkegaard, cuxa contribución á discusión dos seus predecesores consiste no “pathos [Lidenskab]” do límite que Kant demarca e Hegel supera, pois no caso do pensador dinamarqués o límite da filosofía é ao mesmo tempo paradoxo, é dicir, algo que non pode ser coñecido senón tan só re-coñecido pola razón e que pon xustamente a razón no seu límite.